Baile nas Festas da Ascensión

FESTAS DA ASCENSIÓN – DOMINGO 28 DE MAIO

19.30 (OBRADOIRO PREVIO) 20.00 (BAILE)

PRAZA DO TOURAL – SANTIAGO DE COMPOSTELA

Vera Gergely animaravos a participar en sinxelos bailes en roda, filas e parellas acompañados de frautas e kaval, violín, koboz (laúde) e percusión. Se xa bailas, vén probar algo novo; se aínda non, estes son os mellores bailes pra iniciarse e facer festa!!

O baile oficial comeza ás oito da tarde; ás sete e media ofrecemos un obradoiro previo no que practicaremos bailes coma o Serény magyaros, Kecskés ou De doi.

2015- Gergelyes Music Group 20  jpg size (12 of 19)
Ördög útja — O camiño do demo

Vídeo

Baile en Mazaricos (CEIP Víctor Sáenz)

Aquí tedes unhas cantas fotos do obradoiro de baile que fixemos no CEIP Víctor Sáenz a comezos de abril. Marabillosos os nenos e nenas, pasamos moi bos momentos… fixemos unha presentación sobre os csángó, as súas tradicións, a lingua húngara (sorprendeunos cantas preguntas fixeron…!), amosamos os instrumentos e as súas técnicas e aprenderon a dicir algunha palabra en húngaro. Despois tocáronnos eles a versión que prepararan e aprenderan do Bulgárjászka nas frautas de pico!

Aquí demos a benvida ao grupo a Xesús Méndez, que tocou fenomenalmente a frauta e o kaval!

Os profesores e profesoras foron marabillosos, agradecemos especialmente a Susana Doel a organización e o entusiasmo!

Fotos: CEIP Víctor Sáenz

Fundación SGAE

O 19 de marzo, de 17 a 19.30, estaremos na Fundacion SGAE (rúa das Salvadas, 60, 15705 Santiago de Compostela) para amosar e compartir uns bailes con vós!

A entrada custará 5€, agradecemos que vos anotedes no enderezo gergelyes.info@gmail.com!

Non é preciso ter coñecementos previos de baile, só bos ánimos para aprender e compartir un par de horiñas con boa música, moita marcha e movemento!

 

No último baile en Espazo Artístico 10, Lugo. Fotos: Xabier Iglesias

Espazo Artístico 10 1
Foto: Antón Guillén

 

 

Gergelyes

O conxunto Gergelyes toca música para o baile procedente das tradicións dos csángó húngaros. Con nós bailarás en roda, en parella, farás ducias de zapateados, escoitarás centos de aturuxos…

Os nosos bailes, participativos, de pasos e coreografías sinxelos que se repiten incontables veces mentres os músicos soben a intensidade, a velocidade, acompáñanse de melodías enérxicas, alegres (outras veces graves, repetitivas –ao son do kaval moldavo–).

DSCF3228
Na Catrineta, 7-11-2015

Aquí poderás ler sobre os nosos próximos bailes, sobre as tradicións dos húngaros de Moldavia, os seus instrumentos, as músicas e as danzas… síguenos!