Música

Abrimos esta sección con partituras e ligazóns a dous dos bailes preferidos de moitos: Bulgárjászka [Bulgariña] e Drumul dracului/Az ördög útja [O camiño do demo]. Abaixo de todo engadimos partituras simples. Para que disfrutedes non só bailando, senón tocando!

Bulgárjászka

Bulgarjaszka final Dm

Vídeo: Budapest, 1997. Tocan András Hodorog, László István Legedi, Aurél Mandache, Paun Vasile.

 

Drumul dracului / Az ördög útja

Drumul Dracului Hodorog Dm

Tocan András Hodorog, Mátyás Bolya, Grátzy Benke.

E dúas partituras de versións simples das músicas, coas que tamén podedes acompañar o baile!

Bulgárjászka

Bulgarjászka Standard Dm

Drumul dracului

Drumul Dracului Standard Dm

Nota: Partituras en tonalidade de re menor/fa maior, axeitadas para tocar con frautas en do. Nas gravacións tocan con frautas en la, tonalidades de si menor/re maior.