Aulas de baile no Centro Xove

Actualizado!

As sesións de baile serán finalmente os martes de 20 a 21.30 no Centro Xove de Compostela, na Almáciga. Os bailes ensínaos Veronika (Vera) Gergely.

Se non os coñecedes aínda… os bailes dos húngaros csángó (Moldavia, Romanía) son moi movidos! Vide aprendelos con Vera, non sairedes sen suar. Traede camisa de recambio!

Aquí tedes unha pequena mostra:

 

Podedes pasar polo Centro Xove (ubicación: aquí) e probar, alegrarémonos de que veñades!

No Centro Xove axúdannos a lanzar esta actividade gratuíta. Non se requiren coñecementos previos nin vir en parella.

👉 DÚBIDAS: Contacta co Centro Xove

 


Deixar un comentario